A veciñanza de Neda conta dende a pasada fin de semana con novos colectores para depositar a roupa e calzado usados dos que desexen desfacerse. Están situados na Curva do Regueiro e máis nas inmediacións do Centro de Saúde e son xestionados por Recuperalia-Servicios de Reciclado Ecológico.
Periodicamente a firma revisará e baleirará os colectores, realizando un mantenemento para evitar o seu deterioro. De aí, roupa e calzado envíanse ás plantas de clasificación da empresa, reducindo a fíos e material de orixe aqueles residuos textís que non poden ser aproveitados de modo que se lles dé outro uso.