Martes, Decembro 3

Novas datas para a visita a Neda da unidade móbil do programa asistencial “Coidados porta a porta”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Xa hai datas para a nova visita a Neda do programa “Coidados porta a porta” que impulsan a Xunta e os concellos para achegar servizos asistencias a pequenos municipios do rural e contribuír á prevención da dependencia. A unidade móbil estará na localidade os días 15, 16, 19 e 20 de xuño, e xa se pode concertar cita para os distintos servizos que ofrece.

A través dos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992, e do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal os veciños e veciñas maiores de 55 anos poden pedir vez para consultas básicas de podoloxía (valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas), audioloxía (exploración auditiva e prevención da perda de audición) e, finalmente, estimulación cognitiva.

Como en anteriores ocasións, a unidade móbil de “Coidados porta a porta”, onde o persoal especialista prestará atención á veciñanza. situarase no adro da igrexa de Santa María. Para beneficiarse deste servizo gratuíto cómpre pedir cita previa.

TRÍPTICO PORTA A PORTA

Share.

Comments are closed.