Martes, Decembro 3

Neda suma 8 puntos de entrega de pilas usadas na campaña “Coruña RecoPila”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un mes despois da súa presentación nos coles de Neda, a campaña de sensibilización e recollida de pilas porta a porta “Coruña Recopila” suma 8 puntos de depósito no noso municipio. Neles, a veciñanza pode desfacerse das súas vellas pilas usadas e contribuír así á súa reciclaxe. A iniciativa está impulsada a nivel provincial pola Fundación Ecopilas en colaboración con 40 municipios da provincia.

Eses puntos son: Almacenes Díaz, Electrodomésticos Cenor, Estación de Servizo Falcón, Supermercado Eroski, Centro Cívico, Centro de Saúde e CEIP San Isidro e CEIP de Maciñeira.

O programa ofrece un servizo de recollida porta a porta en establecementos que poidan ser produtores de pilas ou nos que a cidadanía pode depositalas, como dependencias municipais, ferreterías, tendas de electrodomésticos…

Así mesmo, a todos aqueles establecementos que se adhiran á campaña realizaráselles unha recollida trimestral das pilas durante o primeiro ano, e en exercicios sucesivos, con carácter semestral (sempre e cando non demanden antes  a retirada). Dende o Concello de Neda infórmase de que os establecementos interesados en sumarse poden facelo chamando ao 982 254 878.

 

Share.

Comments are closed.