Mércores, Decembro 4

Neda, segundo concello de menos de 20.000 habitantes que máis horas de axuda a domicilio presta en libre concorrencia en toda a provincia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un ano máis, o Concello de Neda volve a situarse no máis alto do ránking provincial na prestación do servizo de axuda a domicilio. Na actualidade, é o segundo municipio de menos de 20.000 habitantes que máis horas presta en libre concorrencia en toda A Coruña. Son 16.716,58 horas, tan só por detrás do concello de Laracha, que duplica en poboación de Neda, e que suma preto de 20.900. A partir de aí, as distancias son notables respecto a outras localidades da provincia.

Un esforzo en materia social aínda máis relevante se atendemos ás cifras totais de prestación do servizo. Isto é, sumando as horas que se ofrecen ao abeiro da Lei de Dependencia, e que fan un cómputo total de 73.734,94 horas ao ano, permitindo atender a ata 225 veciños e veciñas dependentes. A nivel económico, isto supón un investimento anual cercano ao millón de euros no servizo de axuda no fogar, nun concello que manexa unhas contas anuais que rondan os 4,8 millóns.

Deste xeito, o servizo permite garantir a atención ás persoas maiores e dependentes da localidade no seu día a día, con servizos que van dende o aseo persoal, a limpeza do fogar, a compra das menciñas ou a alimentación.

Share.

Comments are closed.