Neda require a execución de traballos de xestión de biomasa vexetal contemplados na lei de prevención de incendios

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda publica hoxe Diario Oficial de Galicia un anuncio de notificación de requirimento dirixido a titulares de máis de 400 parcelas, situadas nas parroquias de Santa María, Viladonelle e Anca, rquirindo que procedan á xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas. O obxectivo non é outro que cumprir co establecido na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A administración local recorre a esta vía por tratarse de propietarios descoñecidos ou ben por ignorar o lugar onde notificar o aviso. O listado publicado recolle as referencias catastrais de fincas que, tras a inspeccións realizadas durante o mes de outubro, incumpren o establecido pola normativa.

Cómpre lembrar que a lei establece que os propietarios/as teñen que manter limpas, rozadas e libres de restos de vexetación as súas fincas nunha faixa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleos rurais e de vivendas illadas, ademais de manter unha distancia axeitada a pistas e outros equipamentos. E eses traballos, esixidos, entre outras cousas, para evitar a extensión de posibles lumes, deben facerse anualmente antes de finalizar o mes de maio de cada ano. Unha obriga que non se dá en ningunha das parcelas recollidas no anuncio.

Segundo consta no anuncio, os titulares das parcelas terán un prazo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario das obrigas establecidas pola normativa galega. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda.

 

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas

Share.

Comments are closed.