Neda reedita “Rompendo moldes”, programa educativo contra os estereotipos de xénero no eido laboral

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda desenvolve por terceiro ano consecutivo, no marco da programación especial do 8M, o ciclo de charlas escolares “Rompendo moldes”. O proxecto, que se desenvolverá este venres, busca axudar a acabar cos estereotipos de xénero no ámbito do traballo, contando coa aportación de distintas profesionais nedenses que traballan ou se forman que aínda están claramente masculinizados. A mensaxe fundamental é tan básica como que non hai traballos só de homes nin só de mulleres.

A proposta, que terá como destinatario ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP San Isidro e do CEIP Maciñeira, contará desta volta coa participación da xogadora profesional de fútbol sala Ale de Paz e con Sandra Castelos, alumna del ciclo superior de mecatrónica (electrónica, mecánica e robótica) e primeira muller de Galicia á que forma como técnica de mantemento de parques eólicos a empresa Siemens Gamesa.

As dúas profesionais, que colaboran de forma desinteresada co Concello, falarán nas sesión das súas experiencias profesionais e da necesidade de rachar con modelos obsoletos, que aínda pesan nos camiños formativos e académicos que acaba seguindo a rapazada.

“Rompendo moldes” abre a programación de corte educativo deseñada dende o consistorio con motivo do 8M. Unha oferta que incidirá na necesidade de avanzar cara a unha igualdade real que conta coa colaboración do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Share.

Comments are closed.