Domingo, Novembro 3

Neda recuperará as sesións de adestramento dirixido no ximnasio municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda pretende reactivar as clases de adestramento dirixido no ximnasio municipal. Trátase dunha proposta que funcionaba con éxito antes da pandemia e que busca favorecer que as persoas usuarias da instalación deportiva aproveiten ao máximo cada sesión. Ábrese o prazo para inscribirse.

Dende o departamento municipal explican que, en caso de que se constate o interese, o equipamento volverá contar coa figura dun adestrador/a, encargado de prescribir aos participantes da clase un programa de exercicios en función das necesidades, obxectivos e condicións físicas de cada persoa, tras facer unha axeitada valoración inicial.

As clases terían lugar os luns, mércores e venres en horario de 17 a 18 horas e os martes entre as 12 e as 13 horas, e cada participante contaría cunha rutina de exercicios, aproveitando as distintas máquinas, para poder alcanzar de forma máis eficiente e segura -ao traballarse tamén a mellora da técnica- os retos marcados.

As persoas interesadas poden anotarse entre semana no Centro cívico de Neda, en horario de 9.15 a 12.15 horas. A actividade, tal e como apuntan desde o consistorio, porase en marcha en canto se consiga formar un grupo mínimo.

Share.

Comments are closed.