Neda recoñecerá este venres 1 de xullo o traballo, esforzo e logros dos seus deportistas durante a celebración da Gala do Deporte. A cita, a partir das 20 horas, desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura, conducida polo xornalista Isidoro Valerio, cos campións Javier Gómez Noya, Adrián Martínez Vara “Adri” e Sandra García Pérez como padriños e madriña de excepción, e o patrocinio de Hyundai Finisterre Motor.
No centro cultural nedense congregaranse os mellores e as mellores nas diferentes disciplinas deportivas, e deles e delas sairá o nome do/a deportista do ano e tamén o das promesas.
Así, a relación de mellores deportistas nas diferentes categorías son:
-Natación: Arantza Rivas, Tania López, Nerea López
-Natación waterpolo: Carla López
-Triatlón: Eloy Villanueva
-Fútbol Sala: Héctor Bermúdez, Mateo Bermúdez, Diego Fornos, Alejandra de Paz, Sheila González
-Atletismo: Laura Rico, Lucía Rivadulla, Adrián Rivadulla, Sergio González, Lucía González, Santiago Arnoso, José González, Jonathan Fernández
-Fútbol: Equipo infantil SDR Neda, SDR Neda, Alexandre Doce, Lucía Mera, Ismael Ríos, Nicolás Vilariño, Nicolás Vázquez
-Breaking: David Amor
-Automobilismo: Miguel Peña, Daniel Castro
-Bailes Latinos: Adrián López, Lara Novo
-Caza: Higinio Rodeiro
-Rugby: Martín Galdo
-Remo: Mariña Antón
-Ximnasia Rítmica: Lucía Cal
-Danza coreográfica: Emma Domínguez
-Tenis: Néstor Fernández
-Equitación: Tamara Yáñez, Antía Rodríguez