Domingo, Novembro 3

Neda promocionará este sábado os seus recursos turísticos e o seu pan en Primavera no Camiño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda participará este sábado 4 de xuño nunha nova edición de Primavera no Camiño. Celebrarase nesta ocasión na Alameda de Góis, en Sigüeiro, cunha completa programación que incluirá actividades gastronómicas e culturais, baile e música, unha morea de obradoiros e un mercado de artesanía. Organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, trátase dunha ocasión única para divulgar os recursos e experiencias dos concellos, como o noso, polos que discorre a ruta xacobea. Precisamente, este será o escenario elixido polo Concello para estrear a súa primeira Guía de Recursos Turísticos. Unha publicación en versión galego-castelán e inglés-francés que vén de saír de imprenta, e na que se ofrece cumprida información do municipio (contorna natural, patrimonio, rutas, plans en familia, guía de hostalería e restauración… e moito máis). Así mesmo, detrás do stand turístico de Neda o público poderá ver unha faciana moi coñecida, a do showman nedense Dani Ríos, que “venderá” as virtudes da localidade.

Ademais, o Concello de Neda tamén aposta polo seu produto gastronómico estrela como embaixador do municipio: o pan, protagonista de 2 das accións do certame. Dunha banda, será o acompañante perfecto da tortilla de Betanzos na degustación que terá lugar entre as 12 e as 14 horas no espazo gastronómico da feira e, doutra, convidarase aos máis pequenos e pequenas da casa a participar nun obradoiro de elaboración do noso pan entre as 17 e as 19 horas guiado pola Granxa Escola do Belelle.

Share.

Comments are closed.