Mércores, Decembro 4

Neda programa este sábado o espectáculo infantil “Rosa Caramelo e outras historias” de Talía Teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco das políticas municipais de igualdade, o Concello de Neda programa este sábado pola tarde “Rosa caramelo e outras historias”. Trátase dun espectáculo de Talía Teatro, destinado ao público infantil, no que se lle dá a volta aos roles e estereotipos de xénero.

A obra está dirixida pola fenesa Paula Carballeira e baseada en catro contos da autora italiana Adela Turín. Segundo apunta a compañía, a montaxe “axudará a desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes”.

O espectáculo, que dará comezo ás 19 horas na Casa da Cultura, está protagonizado por Artur Trillo, e conta coa música en directo dun virtuoso do acordeón, Fernando Fraga. A peza está recomendada para nenos e nenas a partir de 4 anos.

A actividade, pensada para que máis cativos da casa tomen conciencia da necesidade dunha igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres, chega a Neda, grazas aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Share.

Comments are closed.