Neda presenta o cartel da XXXIV Festa do Pan

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A XXXIV Festa do Pan de Neda xa ten cartel oficial. O Concello volve confiar no deseñador gráfico Juan Luis Fernández, máis coñecido como Juanlu Nacha, para crear a imaxe que publicitará a Festa de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará, como é tradición, o primeiro domingo de setembro, día 1 neste 2024. Nela, tomarán parte as panaderías La Gallega, Modesto Hermida, Paca Castro Romero, Panificadora Germán e Santa Rita, ademáis de J. Castro Romero e Vda. De A. Romero, que colaborarán na mesma.

O cartel segue a línea gráfica do pasado ano, outorgando todo o protagonismo ao produto gastronómico estrela da localidade e á tradición. Trátase dunha auténtica obra de arte, que capta a esencia da festa, a principal do calendario local.

Nos próximos días, o Concello de Neda avanzará a programación da cita, así como o cartel dos grupos da Noite de Bolos, previa á Festa do Pan.

Share.

Comments are closed.