Sábado, Decembro 9

Neda premia aos mellores lectores e lectoras da biblioteca municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un ano máis a paixón pola lectura ten premio en Neda. Co gallo da recente conmemoración do Día Internacional do Libro, a Biblioteca municipal distinguía esta tarde aos seis lectores e lectoras máis ávidos do último ano.

Acadaron o recoñecemento na categoría infantil: Oliana Corral, Brais Arias e Lucía Verdú, con 98, 95, e 82 préstamos solicitados respectivamente. Namentres, na do público adulto, conseguiron os mellores rexistros Lorena Montero, Carmen Naveiras e Manuela Anca (61,59 e 54 obras lidas). Dúas destas mulleres xa foran recoñecidas en anteriores ocasións.

Dende o departamento de Cultura, que dirixe Verónica Vigo, entregaron ás usuarias e ao usuario do sistema de préstamo premiados (faltou a pequena Lucía), cadanseu lote de obras, con títulos adaptados aos seus gustos e idades.

Share.

Comments are closed.