Neda inicia unha auditoría enerxética de cara a renovar o conxunto do seu alumeado público

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de contratar unha auditoría para dispor dun diagnóstico preciso de situación da iluminación pública exterior do municipio de cara a súa completa renovación. A posta a punto deste servizo, que ocasiona frecuentes queixas da veciñanza polos fallos que rexistra (problemas coas luminarias, cos propios farois…) é unha materia pendente da localidade.

A auditoría enerxética posta en marcha permitirá ao concello contar cunha análise rigorosa de situación actual en cada lugar do municipio. Trátase de coñecer o funcionamento e prestación do conxunto das instalacións do alumeado exterior existente, o estado dos seus compoñentes, consumos… e dispor de solucións técnicas, que permitan adaptar á normativa vixente a iluminación das vías da localidade.

Cos datos obtidos neste traballo de campo, a empresa deberá realizar a elaboración dun plan de aforro enerxético e terá que indicar os investimentos a realizar para poñer ao día o sistema e as distintas opcións de contratación. Tal e como ten avanzado, o goberno local pretende estender ao conxunto do territorio a iluminación tipo led, un cambio que esixirá un elevado investimento, pero que contribuiría despois a reducir considerablemente a factura eléctrica municipal.

 

Share.

Comments are closed.