Neda incorpora a cinco albaneis para o mantemento de vías, con cargo ás axudas do PEL-Concellos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Comeza a traballar a cuadrilla municipal de obras contratada a través do Programa de Emprego Local (PEL- Concellos 2023) que financia Deputación da Coruña. Neda incorpora durante seis meses a un total de cinco albaneis para realizar tarefas de mellora nas vías, parques e outros espazos públicos de municipio.

O programa, desenvolvido con apoio provincial, ten como obxecto o fomento do emprego no mediante a contratación de persoal para a prestación dos servizos municipais básicos e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento.

No caso do Concello de Neda, a contratación a tempo parcial durante un semestre destes cinco albaneis, que se atopaban en situación de desemprego, permitirá actuar fundamentalmente nas vías e nos parques públicos.

Segundo recollen as bases, levarán a cabo melloras do pavimento “especialmente nas beiravías e beirarrúas, executando reposición e substitución de materiais deteriorados, e actuando igualmente na eliminación de barreiras arquitectónicas, ou na reparación de sumidoiros”.

Share.

Comments are closed.