Martes, Decembro 3

Neda impulsará charlas de concienciación ambiental nos coles durante a Semana Europea da prevención de residuos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda sumarase este ano á Semana europea da prevención de residuos, que se celebra do 16 ao 24 de novembro, programando charlas para o alumnado dos dous colexios públicos de infantil e de primaria do municipio. A iniciativa, destinada a impulsar as célebres 3R (redución, reutilización, reciclaxe), pon o foco este ano na importancia de loitar contra o desperdicio alimentario.

Da man de Ambigal 360, firma que xestiona a recollida do colector azul do municipio, o concello programará no CEIP de Maciñeira (día 19) e no CEIP San Isidro (día 20) accións de concienciación en distintas aulas, coa finalidade de que a rapazada  reflexione sobre a cantidade de comida que vai ao lixo, e sobre necesidade de cambiar comportamentos cotiás e adoptar prácticas máis sostibles.

A iniciativa busca poñer sobre a mesa cuestións como a xestión ordenada dos alimentos e a urxencia de minimizar a cantidade de desperdicios que xeramos, co conseguinte impacto no medio ambiente.

En paralelo, nas sesións falarase das posibilidades de aproveitamento dos biorresiduos (restos de comida e vexetais), grazas á compostaxe doméstica, implantada xa en preto de 150 fogares de Neda.

Share.

Comments are closed.