Neda dispón xa dunha oficina presencial para obter a identificación Cl@ve para acceder aos servizos da Administración Electrónica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda e outros catro municipios da provincia dispoñen dende este martes de Oficinas de Rexistro Cl@ve, da man da Deputación da Coruña. Coa apertura na Casa Consistorial da nova entidade física de rexistro dixital materialízase un dos obxectivos principais do proxecto Concello Dixital: achegar de forma real a administración electrónica á cidadanía.

A partir de agora os veciños e veciñas de Neda que o desexen poderán obter de modo presencial, sen ter desprazarse fóra da vila, a identificación Cl@ve necesaria para acceder aos servizos públicos a través da Administración Electrónica, entre se atopa a propia Sede Electrónica municipal, A acreditación da identidade faise coa presentación do DNI e un número de teléfono móbil, nacional ou estranxeiro, a onde chegara a mensaxe (SMS) de benvida ao sistema.

As oficinas que veñen de activarse en Neda, Cariño, Coirós, Dumbría, Muxía súmanse ás que xa estaban operativas nos concellos de Abegondo, Boqueixón, Cambre, Curtis, Oroso, Santa Comba e Vedra, entidades que finalizaron con éxito o seu proceso de transformación dixital ao abeiro do proxecto impulsado pola Deputación coruñesa.

Share.

Comments are closed.