O Pleno de Neda aprobaba este mediodía o reparto das cantidades asignadas a Neda pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos POS + 2025. A administración destinará o groso dos fondos provincias ao financiamento de servizos básicos municipais, reservando ademais unha partida para avanzar na mellora da Casa da Cultura, coa renovación do conxunto das fiestras do edificio.
Así, destinaranse preto de 300.000 euros a paliar o incremento dos gastos aos que debe facer fronte o Concello con recursos propios, como consecuencia do aumento do prezos, tanto da prestación de distintos servizos que se prestan á cidadanía. O goberno local recolle deste modo recomendación da Intervención municipal de destinar a máxima cantidade posible a gasto corrente, liberando fondos propios para investimentos. Isto permitirá evitar as “limitación que impón a Deputación á hora de contratar e facilitará un maior aforro”, tal e como apuntou o alcalde, Ángel Alvariño.
Segundo o aprobado, os fondos servirán para axudar a afrontar os gastos de subministro e mantemento do alumeado público, da prestación do servizo de limpeza viaria, servizo de recollida e tratamento de residuos e mantemento dos centros de educación infantil e primaria. Cómpre lembrar ademais que xa en decembro, o goberno local destinada os fondos do POS Social a gastos de emerxencia social e axuda no fogar (39.219 euros).
Investimentos
En paralelo, a proposta do goberno local, resérvanse un total de 75.725 euros a investimentos financeiramente sostibles. Nesta caso, procederase a substituír o conxunto das carpinterías exteriores de aluminio da Casa da Cultura, a excepción das do salón de actos incluídas no proxecto que está en marcha. A intervención suporá “unha notabilísima mellora a nivel térmico e acústico” coa conseguinte redución do consumo enerxético dedicado a climatizar o edificio. Inclúese ademais como complementario, o proxecto de renovación do abastecemento e saneamento no Carreiro.
Outros asuntos aprobados
A oposición municipal, pese a coincidir co argumento do alcalde, defendeu a necesidade de incluír máis investimentos con cargo a este plan provincial. O POS + 2025 saíu adiante co voto do PSOE e do edil popular presente, e co voto en contra de BNG e Moveneda. Idéntico respaldo obtivo a adhesión de Neda á Asociación de concellos galegos afectados pola estrada de peaxe AP-9”.
E por unanimidade saíu adiante tanto a moción nacionalista de apoio á celebración do Ano Castelao que supón ademais o compromiso municipal de desenvolver actividades a sobre a dimensión política e cultural de Castealo, e instar a Xunta a recoñecelo como “primeiro presidente de Galicia, e ao Consello de Galiza como o primeiro goberno galego da etapa contemporánea”. Na moción relativa á situación do galego e a adopción de medidas para a súa normalización o edil do PP abstívose.
Co voto a favor de todos os grupos prosperaron a modificación, a proposta da Deputación, do proxecto de “Apertura, pavimentación e implantación de servicios en vial de Camiño Vello a Bacela”, e a incorporación ao orzamento prorrogado da convocatoria de subvencións en concorrencia para os premios do Entroido.