O Concello de Neda súmase este 11 M á iniciativa da Federación española de municipios e provincias polo Día Europeo en memoria das vítimas do terrorismo, que cada ano recorda os atentados xihadistas do 2004 na rede ferroviaria de Madrid, e convoca este mércores, ás 12 horas, un minuto de silencio ante a Casa Consistorial “polas persoas que se viron afectadas polo terrorismo e como mostra de rexeitamento e condena a todos os actos de barbarie”.
Neda convoca un minuto de silencio polas vítimas do terrorismo o 11M
Share.