Os partidos da Liga Local Sénior de Fútbol Sala xogaranse a partir de agora en Neda. Unha boa noticia para os afeccionados a este deporte, que poderán seguir cada semana os encontros, e tamén para a propia vila, que se converte en escenario principal da competición. Así o acordaron a Federación Galega de Fútbol e o Concello de Neda, que veñen de asinar un convenio de colaboración para a cesión do pavillón municipal. En todo caso, a federación abonará as correspondentes cotas de uso establecidas en ordenanza.
O calendario no pavillón municipal arranca este mesmo sábado 4 de decembro