Neda contratará durante nove meses a dúas persoas desempregadas e risco de exclusión do municipio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda iniciou o procedemento para a inmediata contratación temporal de dúas persoas da localidade en risco de exclusión social. A iniciativa ofrece unha oportunidade laboral a veciños/as que perciben actualmente a renda de inserción social de Galicia, favorecendo así que adquiran experiencia precisa para facilitar o seu posterior acceso ao mercado de traballo.

O goberno local ofrecerá, co apoio da Consellería de Emprego, dous contratos de peóns/peoas a tempo parcial (un 75 % da xornada). Así, durante nove meses, as persoas traballadoras colaborarán na realización de tarefas de interese xeral de distintos servizos municipais.

Poderán beneficiarse desta proposta perceptores/as da RISGA inscritos como demandantes de emprego e non ocupados, tendo preferencia as persoas maiores de 45 anos e as que conten con cargas familiares. Ao adquirir experiencia e práctica profesional as persoas seleccionadas mellorarán as súas opcións para conseguir emprego unha vez finalizada a etapa laboral que están a piques de comezar.

Share.

Comments are closed.