Neda contrata a dúas traballadoras para facer rozas e labores forestais con cargo ao Aprol rural

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello vén de incorporar temporalmente ao cadro municipal ás dúas traballadoras contratadas con cargo ao plan de fomento do emprego Aprol Rural 2024. As novas empregadas realizarán nos vindeiros meses traballos de roza en viais e noutros espazos públicos, así como tarefas de prevención de lumes.

A administración local levou a cabo a contratación, grazas ao apoio económico da Consellería de Promoción do Emprego, que outorgaba ao municipio nesta convocatoria de axudas un total de 32.213 euros. As dúas mulleres contratadas a tempo completo estaban en situación de desemprego, e con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Segundo establece o proxecto municipal “Medidas para a prevención de incendios forestais e recuperación de itinerarios de interese natural” , a cuadrilla ocuparase da realización de tarefas de roza en vías e espazos públicos, labores preventivos de lumes nas faixas secundarias; e accións destinadas a poñer a punto itinerarios naturais.

Dende o Concello confíase en que experiencia e práctica que acumulen ao longo dos próximos nove meses, contribúa a facilitar a posterior inserción laboral destas traballadoras.

Share.

Comments are closed.