Neda contará durante os meses de xullo e agosto cun campamento acuático na piscina municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Coa conta atrás en marcha para o arranque das vacacións escolares, o Concello de Neda anuncia a posta en marcha durante o verán dun campamento acuático na piscina municipal. A iniciativa, pensada para os máis pequenos da casa, combinará actividades de lecer e deportivas.

Así, da man de persoal especializado, o campamento incluirá os martes e xoves pola mañá clases de natación (iniciación ou perfeccionamento),  xogos cooperativos, circuítos de habilidades deportivas… para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.

A proposta terá lugar dous durante os meses de xullo e de agosto e busca evitar o sedentarismo entre a rapazada, brindando opcións para o lecer activo e para desfrutar ao máximo do da piscina municipal, situada nos Subarreiros.

As actividades desenvolveranse de 10.30 a 13.30 horas e terán un coste mensual de 20 euros. As prazas son limitadas e as familias que queiran inscribir aos menores poden inscribilos xa no Centro cívico de Neda, de forma presencial ou chamando ao 981494431, entre as 9.15 e as 11.30 horas. Poden ademais reservar praza a través do correo electrónico escolasneda@gmail.com.

Share.

Comments are closed.