Domingo, Novembro 10

Neda conmemorará as Letras Galegas o domingo 21 cunha obra de narración oral e monicreques de Fantoches Baj

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda adiará ata o domingo a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Francisco Fernández del Riego. No marco do programa “En maio, flores e letras” programarase o novo espectáculo para o público infantil de Fantoches Baj, baseado na obra Galicia do autor homenaxeado.

“A viaxe feliz de Ramón Sanfiz” é o título desta proposta, que chegará á Casa da Cultura, o día 21 ás 12 horas, e que combina narración oral e monicreques. Nela Ramón Sanfiz “aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo” contando ao público infantil a viaxe realizada dende a súa vila ata San Andrés e as historias de xente que coñeceu.

Esta produción de novo cuño de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego.  Unha obra na que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz.

As entradas poden reservarse, contactando coa Biblioteca Municipal -ata o venres de 9 a 13 e de 16 a 19 h- a través do teléfono 981 39 02 33.

O programa “En maio, flores e letras” está organizado polo departamento de Cultura. Conta ademais co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Share.

Comments are closed.