Neda celebrará as festas patronais de Santa María con cine, música a pé de rúa, maxia e o regreso das atraccións de feira

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a veciños e visitantes a celebrar as festas na honra da súa patroa, Santa María, cunha serie de propostas culturais e moita animación musical a pé de rúa. Cine, maxia, música e o esperado regreso das atraccións de feira conforman a programación.

Así, as actividades deseñadas arrancarán o martes 7 de setembro, xornada previa ao día grande, cunha sesión de cine nocturno na rúa no adro da igrexa de Santa María. Alí, proxectarase o filme para todos os públicos “Cuñados”, unha divertidísima comedia protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey. As prazas son limitadas e a reserva debe formalizarse no 981 39 02 33 luns (en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 h) e martes (de 10 a 14 h). En caso de choiva, a actividade trasladarase á pista deportiva do Roxal.

O mércores 8 de setembro, festividade local, a música e o bo humor tomarán as rúas de Neda de 13 a 15 h coas charangas Santa Compaña e Os Charangos, o cuarteto De Aquí e Acolá e a formación Berros do Castro. Así mesmo, o Concello de Neda propón unha serie de espectáculos de maxia para os máis pequenos da casa co Mago Antón, que traerá á localidade o seu espectáculo “A volta en Galicia en 313 concellos”. Haberá funcións pola mañá no parque do Principiño (11,30 h; 12,30 h e 13,30 h) e de tarde no adro da igrexa de Santa María (17 h; 18 h; 19 h; 20 h e 21 h). As prazas por sesión están limitadas a 30 espectadores e cubriranse in situ por orde de chegada (a partir das 10,30 h). Unha proposta que conta co patrocinio da Xunta a través do programa Cultura no Camiño.

Ademais, os feirantes regresan aos festexos para desfrute do público infantil e, de mércores a domingo, traerán ao adro da igrexa de Santa María as súas atraccións, inchables e camas elásticas.

Share.

Comments are closed.