Domingo, Novembro 3

Neda celebra este venres a súa Gala do Deporte

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda celebrará este venres 1 de xullo a súa Gala do Deporte. A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20 horas, co obxectivo de recoñecer o traballo, esforzo, méritos e éxitos dos deportistas locais ao longo do pasado ano. Pero esta será unha edición especial, despois de varios exercicios sen celebrarse por mor da pandemia, o que repercutiu tamén en toda a actividade deportiva e calendarios de competición.

Nesta Gala do Deporte tan esperada, serán máis de 30 disciplinas deportivas as recoñecidas en categoría masculina e feminina, e de todas elas, tras a entrega de trofeos, daranse a coñecer os nomes do/a deportista do ano e das promesas.

Ademais, o Concello de Neda avanza que esas entregas estarán presididas por 3 padriños e madriña moi especiais, aos que agradece a súa colaboración e participación. Nada máis e nada menos que o campión mundial de triatlón e olímpico Javier Gómez Noya; o xogador de O Parrulo, internacional con España, Adrián Martínez Vara “Adri”, e Sandra García Pérez, bailarina internacional e hoxe en día adestradora na máxima categoría.

O Concello conta coa colaboración de Hyundai Finisterre Motor.

Share.

Comments are closed.