Domingo, Novembro 3

Neda asesora a integrantes de comisións de festas sobre a normativa autonómica de espectáculos públicos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda converteuse este mediodía en punto de encontro entre organizadores de festexos da localidade e técnicos municipais. A sesión informativa, que abriu o alcalde, Ángel Alvariño, serviu para explicar de forma detallada os aspectos centrais da normativa autonómica de espectáculos públicos, e para falar do papel do Concello como garante da seguridade e do cumprimento da lexislación.

O secretario do Concello de Neda, Alejandro Antelo, autor do estudo Las verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal, e o arquitecto municipal, Francisco Cernadas, foron os encargados de debullar as principais obrigas recollidas pola normativa tanto no que atinxe aos organizadores/as como aos propios operadores que interveñen nas celebracións.

Durante o encontro, no que se deu resposta ás dúbidas do participantes, o secretario municipal sinalou as “cuestións que máis preocupan”. E así referiuse á existencia fundamental do plan de seguridade; á necesidade de que as atraccións de feira estean en regra; á montaxe de escenarios certificada por técnicos con titulación habilitante; ao feito de que orquestras cumpran coa Seguridade Social e co tema dos dereitos de autor e, como non, á solicitude de autorización a AENA para o lanzamento fogos de artificio (mínimo de 30 días hábiles antes).

O alcalde abundou na necesidade de garantir a máxima seguridade nas festas, e instou ás comisións a actuar con antelación e non esperar ao último minuto para realizar trámites que son imprescindibles.

Share.

Comments are closed.