Neda activa un programa infantil para impulsar a igualdade no ámbito deportivo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda poñía en marcha esta mañá o programa “DeporNadal por =”, unha iniciativa de lecer, destinada a evitar o sedentarismo nas vacacións de Nadal, mediante a práctica deportiva e os xogos en igualdade. Unha ducia de nenos e nenas participan nesta actividade de novo cuño, que se desenvolveu esta mañá e se completará mañá.

Apuntan dende o goberno local que a proposta, que se desenvolve no pavillón municipal Ale de Paz, busca favorecer a actividade física, promover a igualdade de xénero no ámbito deportivo, e inspirar aos menores a través de figuras destacadas neste ámbito.

Na primeira das sesións, que tiña lugar esta mañá, desenvolveuse  unha xincana da igualdade,  con toda unha serie de circuítos de habilidade e xogos cooperativos. Na segunda entrega, elaborarase un mural colectivo, e participarase en xogos predeportivos relacionados co atletismo e o fútbol, coñecendo ademais a historia de dous referentes femininos neste campo

“DeporNadal por =” é unha iniciativa gratuíta municipal, desenvolvida co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Share.

Comments are closed.