Neda activa o programa Saúde e Escola cunha charla sobre a donación de médula ósea en Maciñeira a cargo de Asotrame

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda pon en marcha o programa Saúde e Escola, a través do que ofrecerá unha serie de charlas dirixidas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria dos coles e instituto do municipio. Con elas busca ofrecer información e sensibilizar, así como fomentar hábitos de vida saudable e, para iso, contará coas asociacións e entidades do ámbito sociosanitario, que traballan día a día sobre o terreo. Onte o CEIP de Maciñeira acollía a primeira sobre donación de médula ósea a cargo de Asotrame. A entidade visitaba o cole para ofrecer ao alumnado de 4º de Primaria unha charla moi participativa.

Nenos e nenas puideron coñecer as experiencias polas que pasa un paciente hematolóxico, fomentando así o coñecemento, a empatía e a solidariedade. Palabras que se repetiron constantemente na actividade e coa que de seguro se van plantando sementes para concienciar sobre a importancia da donación de médula ósea.

Asotrame regresará a Neda na primeira quincena de decembro para reeditar a charla no IES Fernando Esquío e, no segundo trimestre do curso, será a quenda do CEIP San Isidro.

Share.

Comments are closed.