Neda acollerá un taller de detección e prevención de fraudes frecuentes en operacións bancarias online

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda e a Asociación Seitura 22 organiza o martes 1 de outubro un taller sobre como protexerse da ciberdelincuencia financeira. A iniciativa de divulgación, impartida por técnicos do Banco de España, busca achegar aos veciños e veciñas da vila claves útiles para, entre outras cousas, previr os fraudes e estafas online nas operación bancarias cotiás.

O obradoiro, con prazas limitadas, desenvolverase na Casa das Palmeiras, de 18 a 19.30 horas. E nel falarase da banca en liña, do comercio electrónico, e de todos os riscos derivados desa dixitalización dos servizos e dos produtos bancarios. O equipo formador aportará ademais  recomendacións para mellorar a seguridade das nosas contas, e evitar caer en fraudes que están á orde do día.

Así, a proposta incide na necesidade de saber identificar os riscos para evitar ser vítimas de estafas ou de fraudes que, debido ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, son cada vez máis frecuentes, e poden provocar importantes perdas económicas. Repasaranse os tipos fraude máis habituais (sms o emails suplantando aos bancos, vishing, estafas por Bizum…) e indicarase como actuar no caso ter sido vítima dalgún deles

Para participar neste taller proposto por Seitura 22 ao Concello, cómpre confirmar asistencia, chamando á biblioteca municipal de Neda (teléfono 981 39 02 33), en horario de luns a xoves de 9 a 13 e de 16 a 20 h e os venres só de mañá.

 

Share.

Comments are closed.