Mércores, Abril 23

Neda acollerá dúas sesións formativas para docentes e familias sobre diversidade sexual do Lab LGBT+

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tras o comezo en outubro do traballo nas aulas do IES Fernando Esquío, o Laboratorio de Apoderamento LGBT+ desenvolverá en Neda dúas sesións formativas sobre diversidade sexual para adultos. Encontros que van dirixidos tanto aos docentes como a familiares de alumnado de calquera dos centros educativos locais que teñan interese.

Está previsto levar a cabo dúas sesións no propio instituto nedense o 12 de novembro, de 18 a 20 horas e o 12 de decembro, de 16 a 18 horas, co obxectivo de formar ás persoas que interveñen na educación dos menores, independentemente da súa orientación, identidade ou expresión de xénero, para que poidan acompañalos nese aspecto.

Por tanto, segundo apuntan dende a cooperativa Rexenerando, impulsora desta iniciativa que traballa en rede en seis concellos de Ferrolterra, e que conta co apoio da Deputación, poderán sumarse tanto familiares do alumnado participante no programa, como doutros niveis do centro, ou doutros colexios do municipio.

Cada sesión ten unha duración de dúas horas. Na primeira entrega farase un breve marco do que é a diversidade sexual, e na segunda, partindo da información obtida co traballo coa mocidade do centro, afóndase en como acompañar á rapazada.

A actividade é de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse ata o día previo ao arranque das sesións a través do formulario en liña i.gal/LAB_LGBT_ADULTAS.

Share.

Comments are closed.