Neda acolle este xoves unha charla da Garda Civil sobre seguridade, dirixida a persoas maiores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda acolle este xoves, 11 de maio, unha charla do “Plan Mayor Seguridad”. Será unha sesión informativa, impartida por unha axente da Garda Civil da Fene, na que se ofrecerán unha serie de consellos útiles para previr aqueles actos delituosos que con máis frecuencia se cometen contra os nosos maiores.

Ao longo da charla, que terá lugar no centro cívico da vila, a partir das 17 horas, incidirase na necesidade de que o colectivo tome medidas para reforzar a súa protección nas actividades do día a día. Para iso, brindaráselles aos asistentes información sobre a súa seguridade e sobre como detectar situacións de risco na vía pública, cando visitan o banco, no propio domicilio, durante as viaxes, mentres utilizan internet…

O reto do “Plan Mayor Seguridad”, activado polo Ministerio do Interior hai máis dunha década, é reducir ao máximo as ameazas para a seguridade dos veciños e veciñas de máis idade, así como os furtos, roubos no domicilio, as estafas, situacións de malos tratos, ou alertar dos riscos asociados ás novas tecnoloxías e internet. Preténdese ademais fomentar a confianza destas persoas, ás veces especialmente vulnerables, nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Share.

Comments are closed.