Luns, Novembro 29

Neda acolle este venres o espectáculo “A todo Risco” con Avelino González

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo Tempo para o Teatro que promove o Concello trae este venres a Neda o espectáculo “A todo Risco” de Avelino González. A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 20,30 horas, dirixida a un público adulto. As entradas, ao prezo único de 2 euros, poden reservarse previamente no teléfono 981 39 02 33 (de 9 a 13 h e de 16 a 20 h) e abonarse o día do espectáculo.

“A todo Risco” fala do escritor e da Xeración Nós da que formou parte, de soños que ilusionan e de prexuízos que pechan o mundo, do combater o medo coa ilusión e a desilusión coa curiosidade. «A todo Risco» fala de todo isto e, a pesar dos tempos, danos ferramentas para combater os prexuízos e motivos para manter a ilusión.

O ciclo conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.

Share.

Comments are closed.