O Concello de Neda comeza os preparativos da súa programación especial de Nadal. Unha oferta que, á marxe de propostas clásicas para os máis pequenos da casa, terá en conta, coma sempre, aos maiores. Así, o Concello organizará a tarde do 20 de decembro, a merenda da terceira idade. Este xoves se abre o prazo para inscribirse nesta iniciativa, que busca xuntar aos veciños e veciñas máis veteranos da localidade e animalos a saír da casa nestas datas que, para moitos, son sinónimo de melancolía.
A cita terá lugar no centro cívico de Neda a partir das 18 horas. E nela, ademais de saborear un bo chocolate con churros e roscón de Reis, non faltará o baile con música en directo e máis o sorteo de agasallos. Será pois unha sorte de prólogo das celebracións familiares que se aveciñan.
A actividade será de balde para os veciños e veciñas da localidade, e terá un custo de 5 euros para os residentes fóra do municipio. As persoas que queiran participar poderán anotarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello ata o 16 de decembre ou ata completarse o aforo. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición.