Sábado, Xaneiro 18

Neda abre o prazo para inscribirse na excursión que organizará no mes de decembro a Portugal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organiza para o mércores 13 de decembro unha excursión a Portugal. Será unha viaxe socio comunitaria dunha única xornada para visitar a localidade de Valença do Minho, fronte a Tui, e desfrutar do enclave turístico e comercial da Fortaleza. Dende hoxe é posible apuntarse.

Trátase dunha iniciativa xa clásica coa que a veciñanza terá a oportunidade de coñecer unha das grandes fortificacións do país veciño e, como non, facer as típicas compras nas súas tradicionais tendas. Sairase cediño das inmediacións da Casa do Concello (ás 8.15 horas) e volverase ao redor das 21 horas.

Hoxe mesmo abriuse ata o 5 de decembro o prazo para anotarse nas oficinas de Servizos Sociais da Casa Consistorial. As prazas para a excursión son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prezo da actividade é de 15 euros, non incluíndo a comida.

Share.

Comments are closed.