Domingo, Novembro 3

Neda abre o prazo para inscribirse na excursión que organizará en decembro a Portugal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda prepara, un ano máis, para pouco antes do Nadal a xa clásica excursión a Portugal. Esta viaxe socio comunitaria, que terá unha duración dunha única xornada, desenvolverase o sábado 14 de decembro e incluirá visitas ás localidades de Vilanova da Cerveira e, como non, a Valença do Minho, fronte a Tui, para desfrutar do enclave turístico e comercial da Fortaleza. Dende hoxe é posible apuntarse.

Trátase dunha iniciativa coa que a veciñanza terá a oportunidade de coñecer estas dúas vilas raianas, de descubrir unha das grandes fortificacións do país veciño e, como non, de facer as típicas compras nas súas tradicionais tendas. Sairase ben cedo das inmediacións da Casa do Concello (ás 8.30 horas) e a viaxe de volta iniciarase as 19 horas.

Haberá que anotarse nas oficinas de Servizos Sociais da Casa Consistorial. As prazas para a excursión son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prezo da actividade é de 20 euros, e non inclúe a comida.

Share.

Comments are closed.