Venres, Febreiro 7

Cambio de data: o espectáculo infantil “Cantamos con Rosalía!” chegará a Neda o domingo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda súmase esta semana á celebración do Día de Rosalía, unha xornada para pór en valor a figura e a obra da poetisa máis recoñecida das letras galegas. A Biblioteca municipal celebrará o aniversario da poetisa co espectáculo infantil “Cantamos con Rosalía?” que, por motivos alleos ao departamento de Cultura move a súa data ao 25 de febreiro.

No marco do programa “Lesme un conto?” chega á vila o domingo esta proposta na que, a través da música, dos xogos, e do baile, o compositor, actor e músico Luis Vallecillo comparte como chegou a Galicia dende o seu Madrid natal, na busca das orixes da autora de, entre outras obras, Cantares gallegos e Follas Novas, auténtica pioneira da nosa literatura. Un proceso de busca no que o actor descubriu e aprendeu a falar e escribir esa ”lingua máxica” que é o galego.

“Cantamos con Rosalía!”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 10 anos, porase en escena a partir das 12 horas. A actividade, fixada na data en que se conmemora o 187 aniversario da escritora, será totalmente de balde e para participar cómpre anotarse con anterioridade, chamando á biblioteca municipal (teléfono  981 39 02 33). A iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.