Mércores, Decembro 4

Neda abre este venres o prazo para solicitar a participación dos nenos e nenas na campaña de neve da Deputación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda abre este venres a preinscrición na Campaña de Neve 2025, promovida pola Deputación da Coruña, para nenos e nenas empadroados no municipio de entre 11 e 15 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2024. No marco da iniciativa, que se desenvolverá na estación asturiana de Valgrande- Pajares en xaneiro, a localidade disporá dun total de cinco prazas.

A campaña provincial contempla catro días con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista, con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal entre o 24 e o 27 de xaneiro. Haberá plans alternativos no caso de que nesas datas non sexa posible esquiar.

As familias do municipio interesadas en que os seus fillos/as participen desta experiencia teñen de prazo ata o 2 de decembro para inscribilos na Casa Consistorial. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público ante o secretario municipal, tendo prioridade aqueles rapaces/as que non participaran anteriormente na campaña de neve.

A Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos; transporte  de todos os participantes dende a comarca, estancia,  manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes  mecánicos na estación e actividades varias. As familias deberán aboar, iso si, unha cota de participación de 85 euros.

Campana Neve 2025 – Ficha de inscrición

Documento_de_recollida_anticipada

Autorizacion_medicacion_2025

Share.

Comments are closed.