Domingo, Agosto 16

Minuto de silencio en Neda este venres polas vítimas dos terremotos de Venezuela

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convoca este venres, 26 de xuño, ás 12:00 horas, un minuto de silencio, ás portas da Casa Consistorial, polas vítimas dos dous devastadores terremotos rexistrados en Venezuela. Sumase pois á iniciativa impulsada pola Federación Galega de Municipios e Provincias para amosar a solidariedade coas familias das numerosas persoas falecidas e desaparecidas e cos feridos.

“A forte vinculación que une a Galicia con Venezuela, terra de acollida de miles de galegos e galegas, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima, por iso debemos manifestar publicamente o noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio aos afectados”, apunta a convocatoria da FEGAMP que o concello fai súa, ao tempo que convida ao conxunto da veciñanza a participar.

Share.

Comments are closed.