Aberto o prazo para inscribirse na merenda de entroido dos maiores de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda avanza unha nova cita para festexar o entroido 2025. O Concello vén de abrir o prazo para anotarse na nova edición da merenda de entroido dos maiores. Terá lugar o venres 14 de marzo, e iniciativa porá o punto final á programación especial de lecer, impulsada dende o consistorio.

A iniciativa desenvolverase no centro cívico Ramón Millarengo, a partir das 18 horas. Incluirá música en directo, e unha variada oferta culinaria. Así, as persoas da terceira idade asistentes terán a ocasión de degustar variedade de produtos e doces típicos destas festas. Ademais, haberá un sorteo de agasallos entre os participantes.

Datas a ter en conta

A merenda- baile será gratuíta para a residentes de Neda, que poderán apuntarse ata o 6 de marzo na Oficina de Servizos Sociais da Casa Consistorial. Se quedan vacantes, abrirase un prazo para que se inscriban persoas procedentes doutros municipios. Neste caso, terán que aboar 5 euros.

O Concello de Neda aposta deste forma, un ano máis, por combinar ha oferta de ocio do entroido propostas para toda a familia – caso do festival de comparsas e do Cocido de entroido interxeracional- con outras para públicos específicos como esta festa de maiores.

Share.

Comments are closed.