MANIFESTO DO CONCELLO DE NEDA DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un ano máis, dende 1999, cando a ONU deu carácter oficial a esta data, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller e neste 25 de novembro, como en todas as ocasións anteriores, o Concello de Neda, une a súa voz á dos millóns de mulleres e homes que cada día dedican a súa vontade, o seu compromiso e a súa acción nesta loita pola liberdade e a seguridade de todas as mulleres. 

Non podemos resignarnos a que se asuma como normalidade a traxedia da violencia machista que seguimos vendo como se produce a diario. Concretamente, este ano fomos testemuñas do asasinato de 37 mulleres por parte das súas parellas ou ex parellas. E dende 2003 xa son 1118 as vítimas. 

Por iso, hoxe queremos recordar e honrar a Flora, Conchi, Mari Cruz, Isabel, Jodrina, Johana, Warda, Lucía, Betty, María Teresa, Nicoleta, Alla, Inmaculada, Rocío, Alicia, Consuelo, África, Hazna, María del Pilar, María de los Ángeles, Amal, Pamela, Zuita, Mónica, Erika, María Isabel e a outras que, aínda que non coñecemos o seu nome, tamén están no noso recordo. 

Dende o Concello de Neda, sempre estaremos á beira de tódalas mulleres que sufren esta lacra e seguiremos axudando a que poidan saír desa situación e ser libres. 

Sabemos que chegará o momento no que esta lacra social non sexa máis que un mal recordo porque a sociedade que imos construíndo, pouco a pouco, será capaz de acabar con ela.

Share.

Comments are closed.