Cada ano, o 28 de xuño convértese nun día de reivindicación e celebración compartida da loita do movemento LGTBIQ e de demostración do apoio e o recoñecemento do conxunto da sociedade. É por iso polo que celebramos e revindicamos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.
Celebramos a liberdade. A liberdade de ser e de sentir de cada un. Celebramos a aprobación da Lei 13/2005, do 1 de xuño, na que se recoñece o dereito a contraer matrimonio a persoas do mesmo sexo, dotando ás persoas LGTBIQ de dereitos e de igualdade real. Tamén celebramos a aprobación la lei 3/2007, do 15 de marzo, onde se regulan os requisitos necesarios para acceder ao cambio da inscrición relativa ao sexo dunha persoa no Rexistro Civil, cando dita inscrición non se corresponda coa verdadeira identidade de xénero, ademáis do cambio de nome propio para que non resulte discordante co sexo reclamado.
Pero non só se celebra. Tamén se reivindica. Reivindícase o dereito a non ser vítima de discriminación no ámbito social e laboral, de agresións verbais e físicas ou de odio.
Os avances acadados ata o momento non ocultan que é moito aínda o que necesitamos avanzar e que son reiteradas as situacións de discriminación das persoas LGTBI, como indica o último informe realizado pola Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea: en España o 48% das persoas LGTBI evitan coller da man á súa parella do mesmo sexo por medo a sufrir agresións. O transporte e os espazos públicos é onde máis se evita mostrar a orientación sexual ou a identidade sexual para non sufrir ameazas e insultos. O informe tamén sinala que unha porcentaxe moi elevada, ata un 90% das persoas enquisadas, din sufrir ou presenciar comentarios ou comportamentos homófobos.
Por outra banda, os datos din que neste 2021, con respecto ao 2019, as agresións aumentaron nun 20% e que no 2020 se produciron 189 agresións deste tipo. Debemos ter en conta que estas agresións son as que se denuncian, pero outras moitas por vergoña ou por medo quedan sen denunciar e non aparecen nas cifras totais.
Por iso, neste Concello, celebramos e reivindicamos e así o seguiremos facendo, mentres sexa necesario, ata que se acade unha liberdade, igualdade e diversidade reais.
¡¡¡ Feliz día do Orgullo LGTBIQ 2021!!!