O Concello activa a partir de mañá sábado, e durante toda a ponte, o programa “Neda a petiscos”. A proposta gastronómica busca promocionar os produtos das panaderías locais, invitando a veciños, turistas e peregrinos a saborealos, acompañando ás súas consumicións nos establecementos de hostalería da vila. Do 4 ao 8 de decembro, irán rotando os locais que servirán as lambiscadas.
![]()
Así, cada día servirase de mañanciña nun establecemento un doce elaborado por unha das dez panaderías participantes (bola de ovo, proia ou bica, segundo a elección do negocio) e noutros dous poderanse catar de balde na hora dos viños empanadas procedentes de distintos fornos do municipio. Produtos que o Concello entregará gratuitamente aos 15 locais hostaleiros que se suman a esta ruta de sabor 100% nedense.
O sábado 4 de decembro as citas de “Neda a petiscos” terán lugar en La flor de mayo – na hora do almorzo- e, ao mediodía, no bar Chámalle como queiras e na Taberna O Carreiro. O domingo, a ruta recalará en La Cortesa, O Recuncho e O Lagar. No Día da Constitución, as lambiscadas chegarán ao Bar O Rubio, Jupe e O Fumazo. O martes, ao Bar Graña e ao café bar Albarón. E a iniciativa rematará o mércores 8 con degustación de bica no bar Oriental e empanadas na Cantina do Roxal e no gastrobar Harina & Brasa. Ademais, durante toda a ponte, os turistas que pernocten na Pensión Maragoto poderán desgustar tamén doces feitos en Neda.
O Concello agradece a implicación nesta campaña de exaltación dos produtos de pan de Neda de dez das trece panaderías da localidade -La Nueva, O Carrizo, J. Castro Hermanos, Panificadora Germán, Santa Rita, La Gallega, Modesto Hermida, Forno de Binuca, Viuda A. Romero e o Forno de Liñares- e . Finalmente, convídase á cidadanía a participar, sempre respectando as medidas de prevención fronte á covid.