Mércores, Febreiro 21

Máis de 200 maiores de Neda contaron no 2023 co apoio do servizo municipal de axuda no fogar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un total de 211 unidades familiares de Neda beneficiáronse ao longo do 2023 do servizo municipal de axuda no fogar. O programa socio asistencial consolídase como ferramenta clave do Concello para mellorar, na medida do posible, a calidade de vida de todas esas persoas, especialmente maiores, con problemas de autonomía persoal, que queren permanecer nas súas casas.

Trátase dunha cifra récord, tanto en relación coa cobertura das cidades galegas, como co volume que representa o colectivo de maiores do municipio, o máis susceptible de beneficiarse desta prestación. Segundo os últimos datos do INE, a cifra de residentes que supera os 65 rolda os 1.550, e moitos deles manteñen a súa autonomía.

Segundo detallan dende os Servizos Sociais, na actualidade son 141 veciños e veciñas os que reciben esta prestación no marco do sistema de atención á dependencia. Préstanse nada menos que 4.266 horas ao mes, axudando ás persoas usuarias na realización das actividades básicas da súa vida diaria e no coidado da súa vivenda. Un traballo ao que se suma, en moitas ocasións, o labor de acompañamento.

Con todo, o que marca a diferencia coa maioría dos concellos do conxunto da provincia é o alto número de residentes que se benefician da prestación básica, é dicir, da que se ofrece ao marxe do sistema de dependencia. Así,  actualidade contan coa axuda das auxiliares do SAF outras 70 unidades familiares. Deste xeito, Neda mantense á cabeza dos concellos da provincia de 20.000 habitantes cun maior volume de horas de libre concorrencia (máis de 1.200 mensuais).

O Concello destina ao redor de 1,3 millóns de euros dos seus orzamentos ao SAF, que dá emprego na actualidade a 63 auxiliares, e conta con aportacións parciais doutras administración como a Xunta (parte do custo das horas de dependencia) ou a Deputación.

Share.

Comments are closed.