Magosto e Samaín coa Senda das Ánimas polo casco histórico, este sábado en Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda está de celebración por partida doble este sábado 29 de outubro. A uns días da festividade de Defuntos e Todos os Santos, e cunhas xornadas festivas por diante, convida a nenos e nenas, mozos e mozas e maiores a festexar o Samaín e o Magosto. A Casa das Palmeiras será o epicentro da celebración. Alí, a partir das 18:30 horas, a veciñanza poderá achegarse coas súas cabazas para participar nunha exposición colectiva que terá premios para os máis pequenos e pequenas da casa. Así, entre todos eles, sortearanse tres lotes de libros.

Ademais, a partir das 19:30 horas, o Concello convidará aos nenos e nenas a realizar un percorrido na procura de lambetadas por determinadas vivendas “compinchadas” coa Administración local. Ao seu remate, arrancará unha das propostas estrela da xornada, a Senda das Ánimas polo casco histórico. Guiada, e coa narración de historias terroríficas e recreacións sorpresa polo itinerario, o gran éxito de público nas últimas edicións pre-covid, levou este ano ao Concello a establecer inscrición previa, e debe formalizarse na Biblioteca Municipal ou chamando ao 981 39 02 33, dende hoxe e ata o venres.

Un percorrido de infarto do que repoñerse cunha degustación de castañas asadas e bolos preñados a partir das 21:00 horas regresando de novo á Casa das Palmeiras. Así mesmo, o concerto de Los Zares será, sen dúbida, o broche de ouro para esta terrorífica xornada.

Share.

Comments are closed.