O Concello de Neda será este ano un dos municipios nos que se celebre a Campaña de Vela da Deputación da Coruña. A praia do Puntal albergará os cursos do 24 ao 28 de xullo, e a inscrición para participar está aberta. Están dirixidos a nenos e nenas empadroados na provincia, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2014 (incluídos), e para participar é imprescindible que saiban nadar. Poderán anotarse no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica ata o 12 de xullo entregando a ficha cuberta que poden descargar da web municipal, así como o certificado de empadroamento ou volante e fotocopia do DNI ou Libro de Familia. Unha vez confirmada a praza, deberán entregar tamén xustificante de pago da cuota, establecida en 25 euros.
A través dos cursos, nenos e nenas poderán iniciarse nos conceptos teóricos da navegación, aprender nocións básicas de nós mariños, e tamén, realizar prácticas de navegación a vela.