Inscricións abertas na segunda ruta do programa Andainas Saudables Paso a Paso por Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Trala boa acollida da primeira ruta, na que tomaron parte un centenar de veciños e veciñas, o Concello abre hoxe o prazo de inscrición para tomar parte no segundo itinerario guiado do programa “Andainas Saudables. Paso a Paso por Neda”. Neste caso, ao Monte de Ancos. Celebrarase o domingo 12 de febreiro, con saída de Albarón ás 10:00 horas. O percorrido, circular de 6,83 kms e dificultade media-baixa, está pensado para nenos e nenas a partir de 10 anos e persoas adultas. Estará novamente guiado por integrantes da Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal, que colaboran desinteresadamente na iniciativa, e volverá tamén contar coa implicación da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, que velarán pola seguridade dos participantes ao longo do itinerario.

A participación é gratuíta, con inscrición previa no teléfono da Biblioteca municipal: 981 39 02 33 de luns a venres de 9 a 13 e de 16 a 20 h, e o prazo conclúe o mércores 8 de febreiro.

Este calendario de rutas, con periodicidade mensual, inclúese no programa #NedActívate, co que o Concello busca fomentar hábitos saudables a través do exercicio físico, desfrutando das extraordinarias paisaxes do municipio.

Share.

Comments are closed.