O Concello de Neda abre o prazo de preinscrición na Campaña de Neve 2022 que promove a Deputación para nenos e nenas de entre 12 e 15 anos incluídos (cumpridos a 31 de decembro de 2021). No caso do noso municipio asignáronsenos 5 prazas para a quenda sexta, do 18 ao 21 de febreiro de 2022, na estación Valgrande-Pajares (Asturias). As familias interesadas deben presentar a súa solicitude no rexistro xeral ata o 14 de decembro (incluído).
Así mesmo, e no caso de que a demanda exceda a oferta, entre o 15 e o 17 de decembro sortearanse as prazas, con prioridade para os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.
O custe da actividade é de 85 euros e inclúe a estancia, os cursiños e o transporte dende a comarca.