Sábado, Xaneiro 18

Inscrición aberta para o taller infantil de escritura artística con versos de Luísa Villalta

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organiza este sábado, no marco da súa programación con motivo do Día das Letras Galegas, un obradoiro infantil de escritura artística a partir de textos de Luísa Villalta, a autora a quen dedica a Real Academia Galega este 17 de maio. Está aberto o prazo para inscribirse.

A iniciativa de Velaísca proxectos educativos chegará á biblioteca municipal nedense a partir das 11.30 horas. E nela os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que o desexen poderán deixar voar a imaxinación e divertirse dando cor e forma aos versos da autora coruñesa.

O obradoiro creativo, que explora nas posibilidades do lettering, é dicir, a arte de debuxar letras orixinais e artísticas para crear palabras ou frases, haberá que anotarse na propia biblioteca, ou chamando ao teléfono 981390233.

A programación especial con motivo do Día das Letras incluirá ademais unha mostra bibliográfica na biblioteca sobre as seis autoras ás que se rendeu tributo dende a instauración desa xornada e a proxección este xoves do filme documental “O auto das ánimas”.

 

Share.

Comments are closed.