Inscrición aberta nos obradoiros artísticos gratuítos que dirixirá este sábado Lúa Gándara en Neda para nenos e adultos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a nenos e maiores a participar este sábado nos obradoiros artísticos gratuítos que impartirá na Casa das Palmeiras a pintora Lúa Gándara. Celebraranse de 11 a 14 horas para adolescentes e persoas adultas e de 16,30 a 18,30 h para nenos e nenas de 5 a 12 anos. E, nos dous casos, non é preciso ter coñecementos previos para participar. Iso si, as prazas son limitadas, co que é preciso facer a reserva chamando ao 981 39 02 33 (de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres)

A actividade forma parte dos actos complementarios á inauguración da exposición “Arte Ambulante”, da asociación A COLECTIVA, que dará comezo ese mesmo sábado ás 19 horas. Neste caso a entrada é libre ata completar aforo.

“Arte Ambulante” é un proxecto de A COLECTIVA co apoio da Deputación da Coruña que ten como obxectivo ofrecer un programa de arte contemporánea  accesible e multidisciplinar. Nove artistas asinan a expo:

Natasha Lelenco (Pintura), Alejandro Rego (Fotografía), Lúa Gándara (Pintura), Marco Moreira (Debuxo-Instalación), María Magán (Escritura-instalación), Miguel Mariño (Vídeo), David Fidalgo (Vídeo), Pepe Galán (Escultura), Ruth Montiel (Fotografía), e Paula Aneiros (Pintura).

Share.

Comments are closed.