Inscrición aberta nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación para mozos e mozas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Deputación provincial da Coruña abre o prazo de inscrición para tomar parte nos Campamentos Deportivos de Verán. O Concello de Neda ten asignadas 3 prazas na cuarta quenda, que se desenvolverá do 17 ao 22 de xullo. Terán lugar no IES Rosalía Mera da Coruña, dirixidos a mozos e mozas de 9 a 14 anos cumpridos -nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013-. Nos campamentos, poderán desfrutar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas…

A cuota de participación é de 85,00 euros, e inclúen o transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

As inscricións deberán formalizarse na casa consistorial (a partir do vindeiro luns 18 de abril, e ata o 20 de maio incluido), e terán preferencia os/as rapaces/as que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edición anteriores. En caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, procederase ao seu sorteo.

A ficha de inscrición pode descargarse da web municipal.

FOLLETO E FICHA DE INSCRICIÓN

Share.

Comments are closed.